26/06/08

Cantada de Toñito

Cantada do noso porteiro que a pesares de todo conseguiu o Trofeo Zamora, ver para crer.

Gol do Utimsal

Este foi un dos numerosos goles que metimos este ano. Gol de bela factura cun tiro lonxano e potente que se cola pola escuadra.

Torneo do Revolta

Estas son as fotos de un torneo de F7 ao que nos presentamos a fin de semana pasada. Quedamos terceiros ainda que o torneo foi un pouco pufo e houbo unha desorganización bastante grande. Creo que conseguimos ser o equipo menos goleado e polo menos nos pusimos morenochos.



Entrega do Trofeo Zamora 2ªA


Entrega do trofeo ao 2º clasificado 2º A

Remata a Liga 2007/2008

Ben rematou a Liga de Fútbol Sala 2007/2008. Para o noso equipo, o Utimsal, este ano foi moi positivo. Conseguimos ascender a 1ª e obter o trofeo ao 2º clasificado e o Trofeo Zamora da nosa categoría.

19/06/08

Escoita o programa nº 21

Resultados da derradeira xornada (nº30), Cadro de trofeos de todas as divisións,a pregunta da semana : Cal é o balance final do teu equipo na liga?, e a música de Richie Valens, Jackie Wilson, The Shirelles, The Tokens, The Troggs, The Drifters, Ben.E. King,...
Anímádevos a participar no sorteo do estupendo cd "De Botellón" con 23 temas de otros tantos grupazos (Platero y tu, Smash Mouth, The Pogues, Porretas...).
Escribe a piratona@sindominio.net

13/06/08

Escoita o programa nº 20

Resultados e clasificacións da xornada 29 de fútbol sala, Quenda de partidos da xornada 30, sorteo de cd de música (kataplov do Wachimachín e Iago do Balance son os últimos gañadores),a pregunta da semana : Cal é o balance final do teu equipo na liga?, e a música de Baron Rojo, Pabellón psiquiátrico, Fe de ratas, Boikot,...
Anímádevos a participar no sorteo do estupendo cd "De Botellón" con 23 temas de otros tantos grupazos (Platero y tu, Smash Mouth, The Pogues, Porretas...).
Escribe a piratona@sindominio.net