20/04/09

Utimsal 3 - Novo Vidal 2

Partido con resultado incerto ainda que poido estar solventado na 1ª parte. Saimos moi ben na 1ª parte xogando moi ben e tendo moi claras ocasións de gol que desaproveitamos. Chegamos a poñernos 2-0 pero antes do remate da 1ª parte unha boa parede do Novo Vidal co erro defensivo de non seguir ao atacante elevouo ao marcador o 2-1 e fixo que tornara o xeito de xogar. Empezamos a perder un pouco o sitio e a non tocar tan ben o balón como na 1ª parte.
Na 2ª saimos a gardar un pouco o resultado e entregamos o balón, a mobilidade que houbera na 1ª parte desapareceu por completo. Noutra xogada calcada ao 1º gol conseguiron empatarnos á metade da 2ª parte. O empate non nos valía de nada e deicidimos ir a polo encontro e vendo que hoxe tiñamos cambios dabondo saimos a presionar. Deu froito a "semipresión" porque a falta de 8 minutos conseguimos o 3-2 e a partires de ahí defender e deixar pasa-lo tempo.
Conseguimos a mellor racha desde que estamos en 1ª, a ver se a seguimos no seguinte partido ainda que nos enfrontamos a un gran equipo, o Serecalp, (para min o mellor da Liga) que a move moi ben ao que non se lle pode ofrecer os desaxustes defensivos que tivemos neste partido.

06/04/09

Matamá 4 - Utimsal 5

Non poido facer a crónica porquer non fun xogar, pero vendo que iamos sen porteiro e escasos de xente moi bo resultado. Según me contaron chegamos a estar 0-4 a favor e que ao final pasouse un pouco mal, pero se gañou que é o importante.

Utimsal 4 - La Casita 2

Victoria ben traballada, con momentos nos que xogamos ben e co pequeno desorde ahbitual que neste caso durou uns 10 minutos e que valeu para que nos empataran. Iamos gañando 2-0 e se puxeron 2-2, pero soubemos sobrepoñernos e aproveitamos moi ben as contras e ao final nos levamos o partido por un 4-2.