20/04/09

Utimsal 3 - Novo Vidal 2

Partido con resultado incerto ainda que poido estar solventado na 1ª parte. Saimos moi ben na 1ª parte xogando moi ben e tendo moi claras ocasións de gol que desaproveitamos. Chegamos a poñernos 2-0 pero antes do remate da 1ª parte unha boa parede do Novo Vidal co erro defensivo de non seguir ao atacante elevouo ao marcador o 2-1 e fixo que tornara o xeito de xogar. Empezamos a perder un pouco o sitio e a non tocar tan ben o balón como na 1ª parte.
Na 2ª saimos a gardar un pouco o resultado e entregamos o balón, a mobilidade que houbera na 1ª parte desapareceu por completo. Noutra xogada calcada ao 1º gol conseguiron empatarnos á metade da 2ª parte. O empate non nos valía de nada e deicidimos ir a polo encontro e vendo que hoxe tiñamos cambios dabondo saimos a presionar. Deu froito a "semipresión" porque a falta de 8 minutos conseguimos o 3-2 e a partires de ahí defender e deixar pasa-lo tempo.
Conseguimos a mellor racha desde que estamos en 1ª, a ver se a seguimos no seguinte partido ainda que nos enfrontamos a un gran equipo, o Serecalp, (para min o mellor da Liga) que a move moi ben ao que non se lle pode ofrecer os desaxustes defensivos que tivemos neste partido.

06/04/09

Matamá 4 - Utimsal 5

Non poido facer a crónica porquer non fun xogar, pero vendo que iamos sen porteiro e escasos de xente moi bo resultado. Según me contaron chegamos a estar 0-4 a favor e que ao final pasouse un pouco mal, pero se gañou que é o importante.

Utimsal 4 - La Casita 2

Victoria ben traballada, con momentos nos que xogamos ben e co pequeno desorde ahbitual que neste caso durou uns 10 minutos e que valeu para que nos empataran. Iamos gañando 2-0 e se puxeron 2-2, pero soubemos sobrepoñernos e aproveitamos moi ben as contras e ao final nos levamos o partido por un 4-2.

24/03/09

CGTA Inaute 3 - Utimsal 4

Antes de facer a crónica dicir que ben nos viu a marcha do Wachimachín, de estar no medio da táboa sen nada que facer pasamos a estar empatados cos que loitan por estar arriba. A liga parece cousa de dous e por abaixo tamén parece que se abre oco, así que a emoción vai estar soamente en ver quen gaña a liga e en quen pode quedar 3º.

En canto a crónica se pode resumir coa frase: nadaron moito para morrer afogados na orilla. 1ª parte boa, sen problemas, quizais algo lenta pero sen pasar agobios. Chegámonos a poñer 0-4 e a partires de ahí 1 fallo en defensa (meu por non cubrir enriba ao meu atacante), un erro nun saque de porta e unnha falta ben sacada e mal defendida por nós, levounos apasalo mal cando era un partido finiquitado. O mellor foi o resultado que nos amntén ahí arriba, o peor é que noto o equipo mais canso que na 1ª volta e sobre todo mais deslabazado.

16/03/09

Utimsal 1 - Gabisa 2

Que partido mais malo. Resultado inxusto. Tivemos polo menos 3 ocasións claras de marcar, ou sexa de 1 pra 1. 2 erros defensivos e 2 goles as 2 únicas veces que tiraron a portería. Quen perdoa a paga e nós perdoamos. E seguimos xogando moi acelerados, hai momentos que rozamos a desorde das pachangas dos xoves. pero bueno a estas alturas xa non hai moita solución. temos 1 puntos menos que na 1ª volta nos partidos xogados ata o de agora, estamos na metade da táboa en terra de ninguén. Agás que se lesiona alguén e sendo realistas o normal é que quedemos onde estamos entre os postos 8 e 10, e como moito poderemos tentar gañar a alguén dos de arriba e dar a sorpresa, pero senón todo indica a que estamos abocados a velas vir esta temporada, que tampouco está mal, mellor así que estar entre os 4 últimos.

Cotrasvi 3 - Utimsal 3

Pois se podería facer o mesmo resume que na 1ª volta pero ao contrario. Na 1ª volta quedamos tamén empates pero por ocasión tiñamos que ter gañado de goleada. Esta vez foi ao contrario, foron eles quen tiveron montón de oportunidades e nós os que aproveitamos as poucas que tivemos, de feito estivemos a punto de gañar o partido porque a falta de menos de 5 minutos gañabamos 2-3, pero o árbitro inventouse un penalti e así acabou a cousa. zafamos un punto e o árbitro malísimoooooo.

Utimsal 4 - caf. melody 2

Gañou o menos malo. Dúas defensas para dar de comer aparte, erros garrafais nos goles, polo menos nos 4 últimos. Na parte que nos toca, mal en defensa e acelerados en ataque, porque dimos cun equipo que non soubo contemporizar e bastante blando atrás senón seguramente teriamos palmado o partido. O mellor o resultado.

Balona Linense 2 - Utimsal 1

Non fun ao partido así que non podo facer unha crónica, pero vendo o resultado debeu estar a cousa apretada e mais indo a xogar só 5 como fomos.
Se o balona non quería xogar á tarde e nós tampouco por que carallo nos poñen o partido o sábado á tarde. O Balona saiu beneficiado xa que fomos xustos a xogar con algún cambio mais igual a cousa cambiaba...

21/02/09

A gas co chimpín

Este domingo a partires das 19:00 horas na Alameda de Vigo gran actuación da Comparsa Animodo. Aquí deixo un video dun tema do ano pasado.

16/02/09

Clasificación 16ª xornada

1º BALONA LINENSE 34 ptos
2º SERECALP 30 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 29 ptos

4º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
XESTAS 26 ptos
6º LA CASITA 25 ptos
7º COTRASVI 23 ptos
UTIMSAL 22 ptos
9º A. E. COYA CASCO VELLO 21 ptos
10º NOVO VIDAL 20 ptos
11º URBA OS CABAZOS 17 ptos

12º WACHIMACHIN 15 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 12 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos

En rosa os equipos que descansaron.

Utimsal 4 - Vivarte 3

Incrible!.Tivemos que remontar 3 veces e acabamos levándonos o partido.
Moita calor na pista do Calvario, e nós andabamos nada mais comenzar o partido como cando che pide gasolina o coche en reserva, ao comenzo da 2ª parte o coche parecía que se ía a quedar paradoi por momentos pero ao final conseguimos chegar á gasoliñeira.
Nós só fomos 6 a xogar pero tivemos a sorte de que eles foron só 5 e sen porteiro e iso quizais foi o que nos deu gran parte do triunfo xa que se chegan a vir con cambios non poderiamos aguantalos físicamente. Outro dato que creo que decidiu o partido foi que nunca se botaron para atrás, quizais deberon gardar os mobles vendo que só eran 5 e defender o resultado, o que nos facilitou poder chegar a portería con relativa facilidade.
Puxeronse 0-1, lle conseguimos empatar. Con 1-1 chegamos ao final da 1ª parte. Meteronnos o 1-2 e ao pouco rato lle logramos empatar, logo se puxeron 2-3 a falta de de menos de 10 minutos para o remate, pero xusto na seguinte xogada volvimos a empatar o partido. Logo a falta de 3 minutos para o final conseguimos o 4-3 definitivo.
As claves estiveron en que lle seguimos botando moitas gañas ata o final e iso que sempre se poñían por diante e que tivemos a sorte de conseguir os empates nas seguintes xogadas aos do gol do contrario.
Partido típico do Utimsal atrás a defender como se poidera e contarataque, ainda que por veces perdimos o sitio.

Xornada nº 16 (2ª volta)

Utimsal- Vivarte. Xogamos contra os segundos, contra un equipo en ascenso mentres que nosotros ao contrario vimos de perder 3 partidos seguidos. Na 1ª volta empatamos a 4-4 na última xogada do encontro, un equipo moi bo, con moito fondo e por riba nós imos ir só 6 a xogar. En fin a ver se perden os de abaixo...

Xornada nº 16 (2ª volta)

A.C.D. XESTAS DESCANSA
WACHIMACHIN - A. E. COYA CASCO VELLO
UTIMSAL G.I. NAVIA - ART CAFE VIVARTE
URBA OS CABAZOS - BALONA LINENSE
SERECALP - CAFETERIA MELODY
NOVO VIDAL - COTRASVI
MATAMA VEL´ARTE - GABISA AUTOMOCION
lA CASITA - INAUTE ELECT. C.T.G.A.

09/02/09

Final da 1ª volta

Ben chegamos á metade da competición, e tra-los malos resultados das últimas xornadas rematamos no 9º posto a tan só 5 puntos do descenso. Quizais quedamos con esa sensación de que poderiamos estar mais arriba , sobre todo, cando encadeamos 4 ou 5 xornadas sen perder. Pero vemos que isto non vai ser un camiño de rosas e que calquera pode gañar, a 1ª a pesares da diferencia de puntos que hai na clasificación é bastante igualada, se sacamos un par de equipos por arriba e por abaixo.
Así que teremos que loitar moito ainda por conseguir a permanencia que era e é o noso principal obxetivo e se o conseguimos tentar acabar o mais dignamente posible. O noso memllor posto en 1ª é o 8º.

Utimsal 0 - A.E. Coya 3

Pois nada mais do mesmo. Rematamos a 1ª volta cunha derrota xusta na que unha vez mais mostramos os problemas que temos cando un equipo nos defende atrás. Volvemos a pecar de ansiedade e precipitación e seguimos sen contar coa boa sorte de cara á portería contraria. Deberiamos pensar no noso xeito de defender, sobre todo, a balón parado.

Clasificación 15ª xornada (fin 1ª volta)

1º BALONA LINENSE 31 ptos
2º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 28 ptos

4º SERECALP 27 ptos
5º XESTAS 26 ptos
6º LA CASITA 22 ptos
7º NOVO VIDAL 20 ptos
8º COTRASVI 20 ptos
UTIMSAL 19 ptos
10º A. E. COYA CASCO VELLO 18 ptos
11º URBA OS CABAZOS 17 ptos

12º WACHIMACHIN 15 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 11 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos

05/02/09

Derradeira xornada da 1ª volta

Xogamos contra o A.E. Coya no pavillón de Moledo o sábado ás 17:00 horas.

03/02/09

Clasificación 14ª xornada

1º BALONA LINENSE 28 ptos
2º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 28 ptos

4º SERECALP 27 ptos
5º XESTAS 25 ptos
6º LA CASITA 22 ptos
UTIMSAL 19 ptos
8º NOVO VIDAL 17 ptos
9º A. E. COYA CASCO VELLO 15 ptos
10º URBA OS CABAZOS 14 ptos
11º COTRASVI 14 ptos

12º WACHIMACHIN 14 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 8 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos



En rosa o equipo que queda por descansar. O que nos queda é o Coya. (Falta o encontro Inaute - Cotrasvi)

Xestas 7 - Utimsal 2

O resultado o di todo ou non. Semella que polo resultado do encontro recibimnos un baño de xogo pero mais bven foi o contrario. Que pasou entón? Se fora fútbol diriamos que seriamos un equipo claro para o descenso: equipo que marra ocasións e que á mínima lle meten pa dentro.
O partido perdeuse xa aos 5 minutos, saimos como soe ser habitual cunha ansiedade de quen parece que vai perdendo por 5-0 no 1º minuto coa defensa cubrindo case no medio do campo e bastante acelerados. En 5 minutos xa nos meteran 3 goles en 3 erros clamorosos en defensa. Ao final da 1ª parte chegamos cun 5-0 que era para non crer, 5 veces tiraron a portería e 5 goles. Nós tivemos mais ocasións que eles e tamén tan claras dispoñendo polo menos de 5 ocasión un pra un co porteiro, pero nos non as metimos e eles si, ademais de que nos fixemos as ocasións de xogadas a eles non lles facía falta xa lles dabamos nós as ocasións cos erros en defensa, total que dos 7 goles, os 7 foron erros de marcaxe, 4 deles a balón parado (corners e saques de banda).
Cun 5-0 faciase dificil a remontada e mais cando indo 5-1 o inefable Pousa nos anula un gol clarísimo, o que xunto a que 2 minutos despois (noutro erro de marcaxe nun saque de banda) nos metian o 6º xa nos fixo dar por perdido o partido.
Partido para esquecer pero non para olvidar que debemos defender, que sen defensa non imos a ningures, que a pista é igual de inclinada para atacar que para defender e sobre todo falta de concentración unha vez mais.
O bo é que seguimos na metade da táboa, pero..¡ollo! a só 5 puntos do descenso.

28/01/09

Escoita o programa nº 17

No 17º programa falamos de :

- Especial programa: Punk por Palestina.
- A situación xeografica.
- Como se chegou a formar o estado xudeu en terras palestinas? 1ª parte: 1º Congreso mundial Sionista.
- Como se chegou a formar o estado xudeu en terras palestinas? 2ª parte: A Declaración Balfour.
- Como se chegou a formar o estado xudeu en terras palestinas? 3ª parte: O estado de Israel.
- Palestina: terra en eterno conflicto. Os refuxiados.
- Audio extraido do documental: defiendo mi tierra palestina.
- Extracto dunha entrevista a Fayez, membro do Frente de esquerdas Palestino, feita en Artegalia radio.
- Extracto do informativo de Aministía Internacional relacionado co conflicto.- Datas de concertos de: Dandy Fever, Transilvanians, Kogito, A Tuna Rastafari, Skandalo GZ, Eskakeo, Uñazo e Talco.

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Palestina resiste (Mallacan)
- Palestina (Azero)
- Oriente Medio (Prap´s)
- Odio (Arenga)
- Intifada (Ska-P)
- Nos vimos en Berlín (S.A.)
- El muro de la vergüenza (Boikot)
- Nens de Palestina (Skamarlans)
- Yaveh se esconde entre las rejas (Reincidentes)

Xa podes escoitalo e descargalo en www.crestaseimperdibles.blogspot.com

27/01/09

Clasificación 13ª xornada

1º BALONA LINENSE 27 ptos
2º SERECALP 27 ptos
3º ART CAFE VIVARTE 25 ptos

4º MATAMA VELL ARTE 25 ptos
XESTAS 22 ptos
6º LA CASITA 19 ptos
UTIMSAL 19 ptos
8º NOVO VIDAL 16 ptos
9º COTRASVI 14 ptos
10º A. E. COYA CASCO VELLO 14 ptos
11º WACHIMACHIN 14 ptos

12º URBA OS CABAZOS 13 ptos
13º CAFETERIA MELODY 7 ptos
14º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos
15º GABISA AUTOMOCION 5 ptos


En rosa os equipos que quedan por descansar. Os equipos en cursiva son contra os que nos quedan por xogar. O que nos queda é por esta orde: Xestas e Coya. (Falta o encontro Inaute - Cotrasvi)

25/01/09

Utimsal 1 - Wachimachin 3

Viñamos avisados do correosos que eran os Wachimachin,un equipo que xogou desde o minuto 1 aata o final defendendo do se u medio campo para atrás e soubo aproveitar os erros nosos a balón parado e as contras.
O 1º gol vén dun erro na colocación da barreira nunha falta ao borde do área, o 2º nun contraataque. Así rematamos a 1ª parte, na 2ª ao pouco de comenzar un eero na marcaxe dun corner costounos o 0-3. Logo viría un gran gol pola escuadra de Rebo, o xeito único que parecóa hoxe de meter gol xa que o porteiro do equipo contrario estivo sembrado. Entre o porteiro e a sorte que tiveron cos postes ademais da súa defensa evitaron que remontáramos no marcador.
Antes do partido gradamos un minuto de silencio pola morte do xogador do Cotrasvi.

22/01/09

Escoita o 16º programa

No 16º programa falamos de :

- Novas de: Membrillo Fanegas, Askodio, De conciertos en Vigo e Innoppiah.
- Datas de concertos de: Los Abrasivos, Los Coronas, Impulsos Criminais, Saldos Arias e Samesugas.
- Música punk relacionada co alcol (2ª entrega).

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Rockaway beach (Ramonetures)
- A embaixada (Dandy Fever)
- Na Galiza (Innoppiah)
- Mi porvenir (Los Abrasivos)
- Estación Uranus (Los Coronas)
- No Hay Mas (Saldos Arias)
- (I Fucked) Betty Page (Samesugas)
- My pint (The Bastard Suns)
- Drinking for 11 (Mad Caddies)
- O viño (Skacha)
- Asturies borracha (Skama la rede)
- Beer, beer, beer (The Skoidats)
- Dame de beber (Novedades Carminha)
- Drink the way I do (Real McKenzies)
- Oda a la cerveza (Skachaos)

19/01/09

Partidos da xornada nº13

GABISA AUTOMOCION descansa
INAUTE ELECT. C.T.G.A. - COTRASVI
LA CASITA F.S. - CAFETERIA MELODY
MATAMA VEL´ARTE - BALONA LINENSE
NOVO VIDAL - ART CAFE VIVARTE
SERECALP - A. E. COYA CASCO VELLO
URBA OS CABAZOS - A.C.D. XESTAS
UTIMSAL G.I. NAVIA - WACHIMACHIN

Xornada nº 13

Na xornada nº 13 xogamos contra o Wachimachin, un equipo que agora está en postos de descenso pero polo que vimos deles son un equipo con un gran poderío físico ao que custa gañar. Agora mesmo están a só 1 punto de sair dos postos de descenso así que virán con ganas.

Clasificación 12ª xornada

BALONA LINENSE 27 ptos
SERECALP 26 ptos
ART CAFE VIVARTE 22 ptos

MATAMA VELL ARTE 22 ptos
XESTAS 21 ptos
UTIMSAL 19 ptos
NOVO VIDAL 16 ptos
LA CASITA 16 ptos
COTRASVI 14 ptos
10º A. E. COYA CASCO VELLO 13 ptos
11º URBA OS CABAZOS 12 ptos


12º WACHIMACHIN 11 ptos
13º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos
14º GABISA AUTOMOCION 5 ptos


En rosa os equipos que xa descansaron. Os equipos en cursiva son contra os que nos quedan por xogar. O que nos queda é por esta orde: Wachimachin, Xestas e Coya.

11/01/09

Clasificación 11ª xornada

BALONA LINENSE 24 ptos
SERECALP 23 ptos
MATAMA VELL ARTE 22 ptos

XESTAS 21 ptos
ART CAFE VIVARTE 19 ptos
UTIMSAL 19 ptos
LA CASITA 16 ptos
NOVO VIDAL 15 ptos
COTRASVI 13 ptos
10º A. E. COYA CASCO VELLO 12 ptos
11º URBA OS CABAZOS 12 ptos


12º WACHIMACHIN 8 ptos
13º CAFETERIA MELODY 7 ptos
14º GABISA AUTOMOCION 4 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 4 ptos

En rosa os equipos que xa descansaron. Os equipos en cursiva son contra os que nos quedan por xogar. O que nos queda é por esta orde: descansamos, Wachimachin, Xestas e Coya.

Urba os cabazos 2 - Utimsal 6

Partido con resultado amplo, que nos resultou bastante cómodo co 0-2 pero no que non xogamos todo o ben que deberiamos. Os dous primeiros goles foron xogadas individuais e o resto grazas a contrataques e bolas longas coas que o equipo contrario tiña moitas dificultades. Chegamos a estar 1-3 pero enseguida nos puxemos con 1-6 e logo un penalty en contra deu lugar ao 2-6 final.
Seguimos pecando do mesmo que ao longo de toda a temporada pouca cabeza nalgúns momentos do partido e momentos de graves despistes defensivos. O mellor por suposto o resultado. A próxima semana descansamos así que a disfrutar do resultado desta semana e a esperar que a seguinte nos sexan propicios algúns resultados.

Partidos da xornada 11

COTRASVI descansa
GABISA AUTOMOCION - CAFETERIA MELODY
INAUTE ELECT. C.T.G.A. - BALONA LINENSE
LA CASITA F.S. - ART CAFE VIVARTE
MATAMA VEL´ARTE - A. E. COYA CASCO VELLO
NOVO VIDAL - A.C.D. XESTAS
SERECALP - WACHIMACHIN
URBA OS CABAZOS - UTIMSAL G.I. NAVIA

Xornada nº11

Xogamos contra o Urba Os Cabazos no pavillon de Bembrive, o domingo 11 ás 11 da mañán.
Partido mais transcendente do que parece xa que nos vai dicir en 1º lugar como estamos despois do longo descanso e 2º se imos loitar polos postos de arriba, ou se nos imos descolgar definitivamente. Hai que ver que temos un partido mais así que unha derrota nos faría desbotar a idea dos posto da zona alta.

07/01/09

Gravado o programa nº 14

No 14º programa falamos de :

- Novas de: Mala centella te coma, Askodio, A Pianola rebelde e Matxetazo na parrotxa
- Datas de concertos de: Pito de Pikasso, Mala centella te coma, Membrillo fanegas, Matxetazo na parrotxa e Skaralhados.
- Música relacionada coas bebidas etílicas.

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Glad to see you go (Ramonetures)
- Flossing a dead horse (NOFX)
- Pepiño (Pito de Pikasso)
- Jose Ramón Gayoso (Mala centella te coma)
- Pasas por la vida (La Tribu)
- Etxera (Matxetazo na Parrotxa)
- Outra ronda (Keltoi)
- Outra birra (Kogito)
- Augardente (Skacha)
- Saindo do Kosovar (Skarnio)
- Cervezas y porros (S.A.)
- Borrachuzas (Puta miseria)
- Drunken lullabies (Flogging Molly)
- Deixa a cervexa (Skarmento)
- Whiskey in my heart (Bastards on Parade)
- Bailando ska borracho (Los Calvos)