16/03/09

Utimsal 1 - Gabisa 2

Que partido mais malo. Resultado inxusto. Tivemos polo menos 3 ocasións claras de marcar, ou sexa de 1 pra 1. 2 erros defensivos e 2 goles as 2 únicas veces que tiraron a portería. Quen perdoa a paga e nós perdoamos. E seguimos xogando moi acelerados, hai momentos que rozamos a desorde das pachangas dos xoves. pero bueno a estas alturas xa non hai moita solución. temos 1 puntos menos que na 1ª volta nos partidos xogados ata o de agora, estamos na metade da táboa en terra de ninguén. Agás que se lesiona alguén e sendo realistas o normal é que quedemos onde estamos entre os postos 8 e 10, e como moito poderemos tentar gañar a alguén dos de arriba e dar a sorpresa, pero senón todo indica a que estamos abocados a velas vir esta temporada, que tampouco está mal, mellor así que estar entre os 4 últimos.

Sem comentários: