24/03/09

CGTA Inaute 3 - Utimsal 4

Antes de facer a crónica dicir que ben nos viu a marcha do Wachimachín, de estar no medio da táboa sen nada que facer pasamos a estar empatados cos que loitan por estar arriba. A liga parece cousa de dous e por abaixo tamén parece que se abre oco, así que a emoción vai estar soamente en ver quen gaña a liga e en quen pode quedar 3º.

En canto a crónica se pode resumir coa frase: nadaron moito para morrer afogados na orilla. 1ª parte boa, sen problemas, quizais algo lenta pero sen pasar agobios. Chegámonos a poñer 0-4 e a partires de ahí 1 fallo en defensa (meu por non cubrir enriba ao meu atacante), un erro nun saque de porta e unnha falta ben sacada e mal defendida por nós, levounos apasalo mal cando era un partido finiquitado. O mellor foi o resultado que nos amntén ahí arriba, o peor é que noto o equipo mais canso que na 1ª volta e sobre todo mais deslabazado.

16/03/09

Utimsal 1 - Gabisa 2

Que partido mais malo. Resultado inxusto. Tivemos polo menos 3 ocasións claras de marcar, ou sexa de 1 pra 1. 2 erros defensivos e 2 goles as 2 únicas veces que tiraron a portería. Quen perdoa a paga e nós perdoamos. E seguimos xogando moi acelerados, hai momentos que rozamos a desorde das pachangas dos xoves. pero bueno a estas alturas xa non hai moita solución. temos 1 puntos menos que na 1ª volta nos partidos xogados ata o de agora, estamos na metade da táboa en terra de ninguén. Agás que se lesiona alguén e sendo realistas o normal é que quedemos onde estamos entre os postos 8 e 10, e como moito poderemos tentar gañar a alguén dos de arriba e dar a sorpresa, pero senón todo indica a que estamos abocados a velas vir esta temporada, que tampouco está mal, mellor así que estar entre os 4 últimos.

Cotrasvi 3 - Utimsal 3

Pois se podería facer o mesmo resume que na 1ª volta pero ao contrario. Na 1ª volta quedamos tamén empates pero por ocasión tiñamos que ter gañado de goleada. Esta vez foi ao contrario, foron eles quen tiveron montón de oportunidades e nós os que aproveitamos as poucas que tivemos, de feito estivemos a punto de gañar o partido porque a falta de menos de 5 minutos gañabamos 2-3, pero o árbitro inventouse un penalti e así acabou a cousa. zafamos un punto e o árbitro malísimoooooo.

Utimsal 4 - caf. melody 2

Gañou o menos malo. Dúas defensas para dar de comer aparte, erros garrafais nos goles, polo menos nos 4 últimos. Na parte que nos toca, mal en defensa e acelerados en ataque, porque dimos cun equipo que non soubo contemporizar e bastante blando atrás senón seguramente teriamos palmado o partido. O mellor o resultado.

Balona Linense 2 - Utimsal 1

Non fun ao partido así que non podo facer unha crónica, pero vendo o resultado debeu estar a cousa apretada e mais indo a xogar só 5 como fomos.
Se o balona non quería xogar á tarde e nós tampouco por que carallo nos poñen o partido o sábado á tarde. O Balona saiu beneficiado xa que fomos xustos a xogar con algún cambio mais igual a cousa cambiaba...