30/11/08

Utimsal 3 - Matamá Vell Art 3

Pódese dicir que gañamos e perdimos 1 punto. Nos minutos finais co encontro convertido nun auténtico correrúas tanto poido inclinarse a balanza para un equipo como para outro.
Se temos en conta que ao remate do 1º tempo perdiamos 0-3, pode darse por bo o punto conseguido, ademais ante un rival que xoga moi ben.
Partido no que xogamos a peor 1ª parte do que levamos de campionato, moitos espazos en defensa, moitos balóns perdidos en balóns fáciles e no medio do campo co conseguinte perigo e, sobre todo, que tocamos moi pouco o balón, e abusamos de bombear balóns ou buscar pases rápidos adiante, cando vimos que cando moviamos o balón se creaban ocasións. Obviamente, como movimos pouco a bola, poucas ocasións tivemos, e as pérdidas de balón e a torrija defensiva fixeron que se puxeran 0- 2 en 2 xogadas case que consecutivas. Despois viría tamén o 0-3 nunha xogada combinativa ao contraataque.
O que a experiencia nos conta en todos estes anos que levamos é que ata un 5-0 ou así non se poden baixar os brazos (nos temos remontado ata un 8-1 en contra). E a remontada cimentouse en varias causas: 1º coido que o Matamá pecou de confianza, en vez de tentar amarrar o resultado seguiron presionando adiante como se foran perdendo co que nos deron a oportunidade de facer contraataques, 2º O cambio de porteiro do Matamá favoreceunos, polo menos 2 goles nosos foron fallos do porteiro contrario, 3º A boa actuación un sábado mais do noso porteiro que sacou algunha man que de non facelo seguro que xa non habería posibilidade nengunha de remontada, 4º o cambio de actitude na 2ª parte, estivemos mais atentos sobre todo atrás e loitamos incluso para poder gañar o partido. 5º E para min o mais positivo (igual ca semana pasada), que ainda estando por debaixo do marcador nunca tiramos a toalla.
O peor foi a caida de Fraga que bateu coa cabeza no chan e tivemos que levalo a Fátima porque seguía mareado despois do encontro.
O árbitro para nós ben, para o Matamá non creo que tan ben, xa que nun dos nosos goles cometemos falta que non pita o árbitro, o xogador se queda parado protestando ao árbitro (un grave erro) e seguimos a xogada que acabaría en gol.
Así que 1 punto que para nós vale ouro, para o Matamá non tanto porque eles aspiran a gañar a liga, e a nós nos achega un pouco mais á salvación e seguro que polo de agora tamén nos vale para seguir ahí arriba.

26/11/08

Xornada nº8

Xogamos o sábado 29, ás 15:00 horas no pavillón da Mina contra o Matamá Vell Art

24/11/08

Encontros xornada nº8

descansa SERECALP
URBA OS CABAZOS - NOVO VIDAL
UTIMSAL G.I. NAVIA - MATAMA VEL´ARTE
WACHIMACHIN - LA CASITA F.S.
A.C.D. XESTAS - INAUTE ELECT. C.T.G.A.
A. E. COYA CASCO VELLO - GABISA AUTOMOCION
ART CAFE VIVARTE - COTRASVI
BALONA LINENSE - CAFETERIA MELODY

Clasificación 7º xornada

DESPOIS DOS RESULTADOS DESTA SEMANA A CLASIFICACIÓN QUEDA ASÍ:

XESTAS 15 ptos
2º SERECALP 14 ptos
BALONA LINENSE 12 ptos

MATAMA VELL ARTE 12 ptos
UTIMSAL 12 ptos
6º URBA OS CABAZOS 12 ptos
LA CASITA 10 ptos
A. E. COYA CASCO VELLO 10 ptos
ART CAFE VIVARTE 9 ptos
10º COTRASVI 9 ptos
11º NOVO VIDAL 9 ptos

12º WACHIMACHIN 5 ptos
13º CAFETERIA MELODY 4 ptos
14º GABISA AUTOMOCION 3 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 3 ptos

De rosa, os equipos que teñen un partido menos.

Resultados xornada nº 7

Caf. Melody 1 - Vivarte 6
Cotrasvi 6 - A.E. Coya 2
Gabisa 1 - Xestas 4
Inaute 3 - Wachimachin 5
La Casita 4 - Utimsal 4
Matama 6 - Urba os cabazos 3
Novo Vidal 1 - Serecalp 3

La casita 4 - Utimsal 4

Seica cada vez que empatamos nesta temporada o facemos a 4. Empate con sabor a victoria ante un gran equipo, ben colocado atrás e que xogan de memoria ao contraataque. A gran actuación do noso porteiro salvounos de non perder o partido. Un partido no que sempre fomos a remolque no marcador. 1-0, 2-0, 2-1, 2-2, 3-2, 3-3, 4-3, 4-4. Outro punto mais cara á salvación e boa forma de empezar este difícil mes, sempre mellor puntuar que empezar perdendo que nos podería crear dúbidas.

19/11/08

Escoita o 7º programa de Crestas e imperdibles

No 7º programa falamos de :

- Entrevista a Matxetazo na Parrotxa
- Novas dos grupos: Blue Jeans.
- Datas de concertos de La Vagabanda, Rojo Dos, Punk Z, Frakaso Eskolar, Concerto presentación Festival Furtivo, Alterazión del orden e Marxe Eskerda.

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Bonanza ska (Bad Manners)
- Bitxo da berza (Matxetazo na parrotxa)
- Etxera! (Matxetazo na parrotxa)
- Mata nazis (Matxetazo na parrotxa)
- Revienta y patea (Matxetazo na parrotxa)
- Sábado noche (Blue jeans)
- Inferno (Rojo dos)
- Soy un you (La Vagabanda)
- Punk rock love (The Casualties)
- Galiza zeniza (Frakaso eskolar)
- Miseria maldita (Envidia kotxina)
- Ego (Marxe eskerda)
- Relájate (Alteración del orden)

18/11/08

Xornada nº7

Pois empeza un mes clave pra saber se hacia onde debemos tirar esta temporada. Esta semana xogamos contra La Casita, contra quen nos enfrontamos varias veces cando se chamaban Batch PC e Bar Nuevo. Non hai moito que engadir, un dos favoritos para gañar a liga e partido non que haberá que facer un grandísimo e serio esforzo e intensidade e concentración se queremos sacar algo positivo.

Estes son todos os partidos da xornada (en cursiva e rosa os que xa descansaron eh Willy?):

BALONA LINENSE descansa
CAFETERIA MELODY - ART CAFE VIVARTE
COTRASVI - A. E. COYA CASCO VELLO
GABISA AUTOMOCION - A.C.D. XESTAS
INAUTE ELECT. C.T.G.A. - WACHIMACHIN
LA CASITA F.S. - UTIMSAL G.I. NAVIA
MATAMA VEL´ARTE - URBA OS CABAZOS
NOVO VIDAL - SERECALP

Ata que descansemos estes son os 5 partidazos que nos quedan e por esta orde: La Casita, Matamá, Novo Vidal, Serecalp e Urba os cabazos.

17/11/08

Clasificación xornada nº 6

DESPOIS DOS RESULTADOS DESTA SEMANA A CLASIFICACIÓN QUEDA ASÍ:

1º XESTAS 12 ptos
2º BALONA LINENSE 12 ptos
3º URBA OS CABAZOS 12 ptos

4º SERECALP 11 ptos
UTIMSAL 11 ptos
6º A. E. COYA CASCO VELLO 10 ptos
7º NOVO VIDAL 9 ptos
8º LA CASITA 9 ptos
9º MATAMA VELL ARTE 9 ptos
10º ART CAFE VIVARTE 6 ptos
11º COTRASVI 6 ptos

12º CAFETERIA MELODY 4 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 3 ptos
14º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 3 ptos
15º WACHIMACHIN 2 ptos

16/11/08

Utimsal 4 - CTGA Inaute 1

Ben pois outra valiosa victoria que nos vai axudar a enfrontar o complicado mes que agora nos toca na quenda de partidos seguintes.

O partido definiuse na 2ª parte. Na 1ª non houbo moitas oprtunidades ainda que as poucas que houbo foron a prol do noso equipo. Nembergantes, por non romper a tradición, costounos facer gol, e conseguimos o 1º tanto nun erro de marca do CTGA nun saque de córner. A ledicia non durou moito porque poucos tempo despois, unha boa xogada individual do dianteiro levou ao marcador o empate a 1-1 co que se chegou ao remate da 1ª parte.
Saimos na 2ª parte coa sensación de que se podía remontar o marcador. E a poucos minutos do inicio conseguimos o 2-1 de boa xogada individual de Willy. Dispuxemos entón de boas e moi claras ocasións pero semellaba que a pelota non quería entrar, ata que nunha contra metimos 0 3-1 co que xa se matou un pouco o encontro. Logo viría o 4-1, conseguido por Rebo, un gol de fermosa factura, que foi aplaudido desde a grada, xa que despois de diblar a 2 xogadores meteu o balón de vaselina ante a saida do porteiro.

Bo resultado e 3 puntos mais para a salvación ainda que os meus compañeiros miren para arriba eu sigo mirando para abaixo, queda moita liga.

12/11/08

Partido xornada nº6

O seguinte encontro correspondente á xornada 6 é o Utimsal - Inaute CGTA, que terá lugar (outra vez) no Monte da mina o domingo 16 ás 18:horas.

11/11/08

Utimsal 2008/2009

Aquí tendes a este "fenomenal grupo animal" que forma parte este ano da plantilla do Utimsal.
De esquerda a dereita (de pé): Rebo, Medi, Toñito, Vili e Moncho.
De esquerda a dereita (agachados): Willy, Fraga, Queco e Chicho.
Por detrás (non se ven): as bolsas de plástico co botellón que nos estabamos a facer.
Detrás da cámara: Olalla
Detrás de Olalla: Pito dorado sacando tarxeta a Olalla por tardar en sacar a foto, ao que abre o pavillón por abrir tarde o pavillón, ao que pinta o pavillón por ter as raias tan desgastadas... iso si, todos con tarxeta vermella directa.

Ah! e se me esquecía... e no vestiario (en pelota picada): Maestro (do Mara Poio Kia 2ªA) esperando a que chegáramos para verlle o cú a Chicho.

10/11/08

Clasificación xornada nº 5

Pois cos resultados que temos e a falta dos que nos temos (Inaute - Urba os cabazos) así poderá quedar a clasificación despois da xornada nº5.

1º BALONA LINENSE 12 ptos
2º URBA OS CABAZOS 12 ptos
3º NOVO VIDAL 9 ptos

4º XESTAS 9 ptos
5º MATAMA VELL ARTE 9 ptos
6º SERECALP 8 ptos
7º UTIMSAL 8 ptos
8º A. E. COYA CASCO VELLO 7 ptos
9º COTRASVI 6 ptos
10º LA CASITA 6 ptos
11º CAFETERIA MELODY 4 ptos

12º ART CAFE VIVARTE 3 ptos
13º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 3 ptos
14º WACHIMACHIN 2 ptos
15º GABISA AUTOMOCION 0 ptos

Gabisa Automoción 1 - Utimsal GI Navia 3

Vou tentar levar un pouco ao día o tema das crónicas, resultados e clasificacións... pero mellor neste blogue que no que nos da a Vigoenxogo, góstame moito mais este tipo de blogue que permite poñer caralladas e non é tan complicado como o outro. (A ver Chicho se me mandas a foto deste ano para poñela).

Bo resultado colleitado o que nos permite sumar 8 puntos, puntos que nos van facer moita falta para cando chegue ese mes brutal no que xogaremos contra os de arriba: La casita, Serecalp, Matama e Novo Vidal.

O partido foi bastante disputado ainda que bastante controlado na totalidade da 1ª parte polo noso lado. Chegamos a poñernos 0-2, e unha vez mais a pouca cabeza en controlar os tempos do partido e, sobre todo, as faltas que cometemos de xeito inapropiado fixeron que nos puxéramos con 5 faltas e en vez de aguantar e ter a suficiente cabeza fría para non entrar no trapo dos embites do contrario e deixar pasar o tempo para que concluira a 1ª metade, cometimos dúas faltas seguidas cos seus conseguientes dobres penaltis. O resultado foi o único gol deles co tempo xa rematado de dobre penalti. (tamén apuntar que o árbitro errou nalgunha das súas decisións sobre as faltas, de feito a que nos costou o gol nin era falta).

Na 2ª parte saimos a aguantar e esperar algunha contra que nos asegurara o marcador. E nesa 2ª parte houbo fases nos que perdimos o sitio en defensa, outras nas que estivemos moi ben, incluso poidemos acabar empatando ou perdendo o partido como tamén é certo que poidemos ter goleado. Ao final, o 3º gol chegou case ao rematar a 2ª parte co que non deu tempo á reacción do equipo contrario, rematando co 1-3 final. Partido, en resumidas contas, no que o mellor é o resultado, que imos gañando partidos que noutras ocasión teriamos perdido, e que nos deixa a mesma sensación que o xogado contra o Melody, un partido que podería estar ben encarrilado por ocasións e por xogo, e acabamos sufrindo. Pero ben, isto é a 1ª e imos ter moitos mais partidos sufridos, mentres gañemos benvido sexa ese sufrimento.

Próximo partido: Utimsal - Inaute CTGA

Outros resultados foron:

Cotrasvi 4 - Wachimachin 4
Caf. Melody 2 - Xestas 3
Novo Vidal 3 - Matama Vell Arte 4
La casita 4 - Serecalp 3
Balona Linense 5 - AE Coya 1