30/11/08

Utimsal 3 - Matamá Vell Art 3

Pódese dicir que gañamos e perdimos 1 punto. Nos minutos finais co encontro convertido nun auténtico correrúas tanto poido inclinarse a balanza para un equipo como para outro.
Se temos en conta que ao remate do 1º tempo perdiamos 0-3, pode darse por bo o punto conseguido, ademais ante un rival que xoga moi ben.
Partido no que xogamos a peor 1ª parte do que levamos de campionato, moitos espazos en defensa, moitos balóns perdidos en balóns fáciles e no medio do campo co conseguinte perigo e, sobre todo, que tocamos moi pouco o balón, e abusamos de bombear balóns ou buscar pases rápidos adiante, cando vimos que cando moviamos o balón se creaban ocasións. Obviamente, como movimos pouco a bola, poucas ocasións tivemos, e as pérdidas de balón e a torrija defensiva fixeron que se puxeran 0- 2 en 2 xogadas case que consecutivas. Despois viría tamén o 0-3 nunha xogada combinativa ao contraataque.
O que a experiencia nos conta en todos estes anos que levamos é que ata un 5-0 ou así non se poden baixar os brazos (nos temos remontado ata un 8-1 en contra). E a remontada cimentouse en varias causas: 1º coido que o Matamá pecou de confianza, en vez de tentar amarrar o resultado seguiron presionando adiante como se foran perdendo co que nos deron a oportunidade de facer contraataques, 2º O cambio de porteiro do Matamá favoreceunos, polo menos 2 goles nosos foron fallos do porteiro contrario, 3º A boa actuación un sábado mais do noso porteiro que sacou algunha man que de non facelo seguro que xa non habería posibilidade nengunha de remontada, 4º o cambio de actitude na 2ª parte, estivemos mais atentos sobre todo atrás e loitamos incluso para poder gañar o partido. 5º E para min o mais positivo (igual ca semana pasada), que ainda estando por debaixo do marcador nunca tiramos a toalla.
O peor foi a caida de Fraga que bateu coa cabeza no chan e tivemos que levalo a Fátima porque seguía mareado despois do encontro.
O árbitro para nós ben, para o Matamá non creo que tan ben, xa que nun dos nosos goles cometemos falta que non pita o árbitro, o xogador se queda parado protestando ao árbitro (un grave erro) e seguimos a xogada que acabaría en gol.
Así que 1 punto que para nós vale ouro, para o Matamá non tanto porque eles aspiran a gañar a liga, e a nós nos achega un pouco mais á salvación e seguro que polo de agora tamén nos vale para seguir ahí arriba.

2 comentários:

El Profesor disse...

Pobre Fraga... No sale de la lesión de rodilla y le joden el coco a golpes contra el suelo... Si no quereis que juege con vosotros decídselo, pero no lo mateis, que tiene esposa es hijos.

Sigo comentando el partido. Espero que ramos os invitara a las cervezas por su cumpleaños, que a fin de cuentas es lo más importante que puede hacer en un campo de fútbol: fomantar el buen rollo. Como Pinto en el Barsa ...
Os dejo que vou a reventarle el blog a Hendrixo.

Anónimo disse...

Pues sí profe, invité a quién se dejó caer por allí y los que no vinieron fue porque no quisieron, que avisados estaban, aunque hubo alguno que se zampó las empanadillas de él y las de tres más, je, je.
En cuanto al partido pues sí, empezamos la ostia de fríos que es lo que tiene el estar haciendo el gilipollas con el balón en vez de calentar un poquillo, y yo en particular, aunque no fuí el único con una empanada tremenda. Así cambié a los 10 minutos de la primera parte y no volví a salir hasta el 10 de la segunda, y seguí con mi empanada particular, un poco más pequeña, así que digamos empanadilla, fallando pases demasiado fáciles pero aún así acabé con dos asistencias de los tres goles que marcamos. La verdad primera parte para olvidar y en la segunda mejoría en parte ayudado por alguna que otra actuación de su portero.
La nota negativa fue el ostiazo del Fraga, que hoy se pasará por Fátima, ya que tiene que ir por los resultados de la resonancia y de paso se verá la cabeza. Ayer por la noche aún estaba pelín aturdido con dolor de cabeza. Esperemos que se mejore.

P.D.: Evidentemente juego en el equipo porque soy quien lleva las fichas, soy el que tiene el balón y porque invito a empanadillas, no por mis cualidades futbolísticas.