10/11/08

Gabisa Automoción 1 - Utimsal GI Navia 3

Vou tentar levar un pouco ao día o tema das crónicas, resultados e clasificacións... pero mellor neste blogue que no que nos da a Vigoenxogo, góstame moito mais este tipo de blogue que permite poñer caralladas e non é tan complicado como o outro. (A ver Chicho se me mandas a foto deste ano para poñela).

Bo resultado colleitado o que nos permite sumar 8 puntos, puntos que nos van facer moita falta para cando chegue ese mes brutal no que xogaremos contra os de arriba: La casita, Serecalp, Matama e Novo Vidal.

O partido foi bastante disputado ainda que bastante controlado na totalidade da 1ª parte polo noso lado. Chegamos a poñernos 0-2, e unha vez mais a pouca cabeza en controlar os tempos do partido e, sobre todo, as faltas que cometemos de xeito inapropiado fixeron que nos puxéramos con 5 faltas e en vez de aguantar e ter a suficiente cabeza fría para non entrar no trapo dos embites do contrario e deixar pasar o tempo para que concluira a 1ª metade, cometimos dúas faltas seguidas cos seus conseguientes dobres penaltis. O resultado foi o único gol deles co tempo xa rematado de dobre penalti. (tamén apuntar que o árbitro errou nalgunha das súas decisións sobre as faltas, de feito a que nos costou o gol nin era falta).

Na 2ª parte saimos a aguantar e esperar algunha contra que nos asegurara o marcador. E nesa 2ª parte houbo fases nos que perdimos o sitio en defensa, outras nas que estivemos moi ben, incluso poidemos acabar empatando ou perdendo o partido como tamén é certo que poidemos ter goleado. Ao final, o 3º gol chegou case ao rematar a 2ª parte co que non deu tempo á reacción do equipo contrario, rematando co 1-3 final. Partido, en resumidas contas, no que o mellor é o resultado, que imos gañando partidos que noutras ocasión teriamos perdido, e que nos deixa a mesma sensación que o xogado contra o Melody, un partido que podería estar ben encarrilado por ocasións e por xogo, e acabamos sufrindo. Pero ben, isto é a 1ª e imos ter moitos mais partidos sufridos, mentres gañemos benvido sexa ese sufrimento.

Próximo partido: Utimsal - Inaute CTGA

Outros resultados foron:

Cotrasvi 4 - Wachimachin 4
Caf. Melody 2 - Xestas 3
Novo Vidal 3 - Matama Vell Arte 4
La casita 4 - Serecalp 3
Balona Linense 5 - AE Coya 1

3 comentários:

Anónimo disse...

Téñome que registrar en blogspot para poder poñervos a parir?. Fareino, pero non hoxe. Saúdos dende clases de informática. Nos perdemos, para variar. O noso porteiro ía deles.

Anónimo disse...

Non fai falta que te rexistres, podes deixar igual o comentario pero apareceras como anónimo

Anónimo disse...

Eu non son anónimo. Son desgraciado coñecido. Non podo ser anónimo cando xa me vistes en pelotas.

Preparaivos, que comín fabada hoxe...