21/02/09

A gas co chimpín

Este domingo a partires das 19:00 horas na Alameda de Vigo gran actuación da Comparsa Animodo. Aquí deixo un video dun tema do ano pasado.

16/02/09

Clasificación 16ª xornada

1º BALONA LINENSE 34 ptos
2º SERECALP 30 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 29 ptos

4º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
XESTAS 26 ptos
6º LA CASITA 25 ptos
7º COTRASVI 23 ptos
UTIMSAL 22 ptos
9º A. E. COYA CASCO VELLO 21 ptos
10º NOVO VIDAL 20 ptos
11º URBA OS CABAZOS 17 ptos

12º WACHIMACHIN 15 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 12 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos

En rosa os equipos que descansaron.

Utimsal 4 - Vivarte 3

Incrible!.Tivemos que remontar 3 veces e acabamos levándonos o partido.
Moita calor na pista do Calvario, e nós andabamos nada mais comenzar o partido como cando che pide gasolina o coche en reserva, ao comenzo da 2ª parte o coche parecía que se ía a quedar paradoi por momentos pero ao final conseguimos chegar á gasoliñeira.
Nós só fomos 6 a xogar pero tivemos a sorte de que eles foron só 5 e sen porteiro e iso quizais foi o que nos deu gran parte do triunfo xa que se chegan a vir con cambios non poderiamos aguantalos físicamente. Outro dato que creo que decidiu o partido foi que nunca se botaron para atrás, quizais deberon gardar os mobles vendo que só eran 5 e defender o resultado, o que nos facilitou poder chegar a portería con relativa facilidade.
Puxeronse 0-1, lle conseguimos empatar. Con 1-1 chegamos ao final da 1ª parte. Meteronnos o 1-2 e ao pouco rato lle logramos empatar, logo se puxeron 2-3 a falta de de menos de 10 minutos para o remate, pero xusto na seguinte xogada volvimos a empatar o partido. Logo a falta de 3 minutos para o final conseguimos o 4-3 definitivo.
As claves estiveron en que lle seguimos botando moitas gañas ata o final e iso que sempre se poñían por diante e que tivemos a sorte de conseguir os empates nas seguintes xogadas aos do gol do contrario.
Partido típico do Utimsal atrás a defender como se poidera e contarataque, ainda que por veces perdimos o sitio.

Xornada nº 16 (2ª volta)

Utimsal- Vivarte. Xogamos contra os segundos, contra un equipo en ascenso mentres que nosotros ao contrario vimos de perder 3 partidos seguidos. Na 1ª volta empatamos a 4-4 na última xogada do encontro, un equipo moi bo, con moito fondo e por riba nós imos ir só 6 a xogar. En fin a ver se perden os de abaixo...

Xornada nº 16 (2ª volta)

A.C.D. XESTAS DESCANSA
WACHIMACHIN - A. E. COYA CASCO VELLO
UTIMSAL G.I. NAVIA - ART CAFE VIVARTE
URBA OS CABAZOS - BALONA LINENSE
SERECALP - CAFETERIA MELODY
NOVO VIDAL - COTRASVI
MATAMA VEL´ARTE - GABISA AUTOMOCION
lA CASITA - INAUTE ELECT. C.T.G.A.

09/02/09

Final da 1ª volta

Ben chegamos á metade da competición, e tra-los malos resultados das últimas xornadas rematamos no 9º posto a tan só 5 puntos do descenso. Quizais quedamos con esa sensación de que poderiamos estar mais arriba , sobre todo, cando encadeamos 4 ou 5 xornadas sen perder. Pero vemos que isto non vai ser un camiño de rosas e que calquera pode gañar, a 1ª a pesares da diferencia de puntos que hai na clasificación é bastante igualada, se sacamos un par de equipos por arriba e por abaixo.
Así que teremos que loitar moito ainda por conseguir a permanencia que era e é o noso principal obxetivo e se o conseguimos tentar acabar o mais dignamente posible. O noso memllor posto en 1ª é o 8º.

Utimsal 0 - A.E. Coya 3

Pois nada mais do mesmo. Rematamos a 1ª volta cunha derrota xusta na que unha vez mais mostramos os problemas que temos cando un equipo nos defende atrás. Volvemos a pecar de ansiedade e precipitación e seguimos sen contar coa boa sorte de cara á portería contraria. Deberiamos pensar no noso xeito de defender, sobre todo, a balón parado.

Clasificación 15ª xornada (fin 1ª volta)

1º BALONA LINENSE 31 ptos
2º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 28 ptos

4º SERECALP 27 ptos
5º XESTAS 26 ptos
6º LA CASITA 22 ptos
7º NOVO VIDAL 20 ptos
8º COTRASVI 20 ptos
UTIMSAL 19 ptos
10º A. E. COYA CASCO VELLO 18 ptos
11º URBA OS CABAZOS 17 ptos

12º WACHIMACHIN 15 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 11 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos

05/02/09

Derradeira xornada da 1ª volta

Xogamos contra o A.E. Coya no pavillón de Moledo o sábado ás 17:00 horas.

03/02/09

Clasificación 14ª xornada

1º BALONA LINENSE 28 ptos
2º ART CAFE VIVARTE 28 ptos
3º MATAMA VELL ARTE 28 ptos

4º SERECALP 27 ptos
5º XESTAS 25 ptos
6º LA CASITA 22 ptos
UTIMSAL 19 ptos
8º NOVO VIDAL 17 ptos
9º A. E. COYA CASCO VELLO 15 ptos
10º URBA OS CABAZOS 14 ptos
11º COTRASVI 14 ptos

12º WACHIMACHIN 14 ptos
13º GABISA AUTOMOCION 8 ptos
14º CAFETERIA MELODY 7 ptos
15º INAUTE ELECT. C.T.G.A. 7 ptos



En rosa o equipo que queda por descansar. O que nos queda é o Coya. (Falta o encontro Inaute - Cotrasvi)

Xestas 7 - Utimsal 2

O resultado o di todo ou non. Semella que polo resultado do encontro recibimnos un baño de xogo pero mais bven foi o contrario. Que pasou entón? Se fora fútbol diriamos que seriamos un equipo claro para o descenso: equipo que marra ocasións e que á mínima lle meten pa dentro.
O partido perdeuse xa aos 5 minutos, saimos como soe ser habitual cunha ansiedade de quen parece que vai perdendo por 5-0 no 1º minuto coa defensa cubrindo case no medio do campo e bastante acelerados. En 5 minutos xa nos meteran 3 goles en 3 erros clamorosos en defensa. Ao final da 1ª parte chegamos cun 5-0 que era para non crer, 5 veces tiraron a portería e 5 goles. Nós tivemos mais ocasións que eles e tamén tan claras dispoñendo polo menos de 5 ocasión un pra un co porteiro, pero nos non as metimos e eles si, ademais de que nos fixemos as ocasións de xogadas a eles non lles facía falta xa lles dabamos nós as ocasións cos erros en defensa, total que dos 7 goles, os 7 foron erros de marcaxe, 4 deles a balón parado (corners e saques de banda).
Cun 5-0 faciase dificil a remontada e mais cando indo 5-1 o inefable Pousa nos anula un gol clarísimo, o que xunto a que 2 minutos despois (noutro erro de marcaxe nun saque de banda) nos metian o 6º xa nos fixo dar por perdido o partido.
Partido para esquecer pero non para olvidar que debemos defender, que sen defensa non imos a ningures, que a pista é igual de inclinada para atacar que para defender e sobre todo falta de concentración unha vez mais.
O bo é que seguimos na metade da táboa, pero..¡ollo! a só 5 puntos do descenso.