16/02/09

Utimsal 4 - Vivarte 3

Incrible!.Tivemos que remontar 3 veces e acabamos levándonos o partido.
Moita calor na pista do Calvario, e nós andabamos nada mais comenzar o partido como cando che pide gasolina o coche en reserva, ao comenzo da 2ª parte o coche parecía que se ía a quedar paradoi por momentos pero ao final conseguimos chegar á gasoliñeira.
Nós só fomos 6 a xogar pero tivemos a sorte de que eles foron só 5 e sen porteiro e iso quizais foi o que nos deu gran parte do triunfo xa que se chegan a vir con cambios non poderiamos aguantalos físicamente. Outro dato que creo que decidiu o partido foi que nunca se botaron para atrás, quizais deberon gardar os mobles vendo que só eran 5 e defender o resultado, o que nos facilitou poder chegar a portería con relativa facilidade.
Puxeronse 0-1, lle conseguimos empatar. Con 1-1 chegamos ao final da 1ª parte. Meteronnos o 1-2 e ao pouco rato lle logramos empatar, logo se puxeron 2-3 a falta de de menos de 10 minutos para o remate, pero xusto na seguinte xogada volvimos a empatar o partido. Logo a falta de 3 minutos para o final conseguimos o 4-3 definitivo.
As claves estiveron en que lle seguimos botando moitas gañas ata o final e iso que sempre se poñían por diante e que tivemos a sorte de conseguir os empates nas seguintes xogadas aos do gol do contrario.
Partido típico do Utimsal atrás a defender como se poidera e contarataque, ainda que por veces perdimos o sitio.

Sem comentários: