09/02/09

Final da 1ª volta

Ben chegamos á metade da competición, e tra-los malos resultados das últimas xornadas rematamos no 9º posto a tan só 5 puntos do descenso. Quizais quedamos con esa sensación de que poderiamos estar mais arriba , sobre todo, cando encadeamos 4 ou 5 xornadas sen perder. Pero vemos que isto non vai ser un camiño de rosas e que calquera pode gañar, a 1ª a pesares da diferencia de puntos que hai na clasificación é bastante igualada, se sacamos un par de equipos por arriba e por abaixo.
Así que teremos que loitar moito ainda por conseguir a permanencia que era e é o noso principal obxetivo e se o conseguimos tentar acabar o mais dignamente posible. O noso memllor posto en 1ª é o 8º.

Sem comentários: