03/02/09

Xestas 7 - Utimsal 2

O resultado o di todo ou non. Semella que polo resultado do encontro recibimnos un baño de xogo pero mais bven foi o contrario. Que pasou entón? Se fora fútbol diriamos que seriamos un equipo claro para o descenso: equipo que marra ocasións e que á mínima lle meten pa dentro.
O partido perdeuse xa aos 5 minutos, saimos como soe ser habitual cunha ansiedade de quen parece que vai perdendo por 5-0 no 1º minuto coa defensa cubrindo case no medio do campo e bastante acelerados. En 5 minutos xa nos meteran 3 goles en 3 erros clamorosos en defensa. Ao final da 1ª parte chegamos cun 5-0 que era para non crer, 5 veces tiraron a portería e 5 goles. Nós tivemos mais ocasións que eles e tamén tan claras dispoñendo polo menos de 5 ocasión un pra un co porteiro, pero nos non as metimos e eles si, ademais de que nos fixemos as ocasións de xogadas a eles non lles facía falta xa lles dabamos nós as ocasións cos erros en defensa, total que dos 7 goles, os 7 foron erros de marcaxe, 4 deles a balón parado (corners e saques de banda).
Cun 5-0 faciase dificil a remontada e mais cando indo 5-1 o inefable Pousa nos anula un gol clarísimo, o que xunto a que 2 minutos despois (noutro erro de marcaxe nun saque de banda) nos metian o 6º xa nos fixo dar por perdido o partido.
Partido para esquecer pero non para olvidar que debemos defender, que sen defensa non imos a ningures, que a pista é igual de inclinada para atacar que para defender e sobre todo falta de concentración unha vez mais.
O bo é que seguimos na metade da táboa, pero..¡ollo! a só 5 puntos do descenso.

1 comentário:

Anónimo disse...

El_Profesor opina:
Si nosotros fuésemos ganando 5-0 al descanso seríamos capaces de pèrder 7 - 5 antes del minuto 15 de la segunda parte.
Sois unos paquetes, y como las pachangas os las tomáis de risa, así os luce el pelo.

A descender, perros.