24/03/09

CGTA Inaute 3 - Utimsal 4

Antes de facer a crónica dicir que ben nos viu a marcha do Wachimachín, de estar no medio da táboa sen nada que facer pasamos a estar empatados cos que loitan por estar arriba. A liga parece cousa de dous e por abaixo tamén parece que se abre oco, así que a emoción vai estar soamente en ver quen gaña a liga e en quen pode quedar 3º.

En canto a crónica se pode resumir coa frase: nadaron moito para morrer afogados na orilla. 1ª parte boa, sen problemas, quizais algo lenta pero sen pasar agobios. Chegámonos a poñer 0-4 e a partires de ahí 1 fallo en defensa (meu por non cubrir enriba ao meu atacante), un erro nun saque de porta e unnha falta ben sacada e mal defendida por nós, levounos apasalo mal cando era un partido finiquitado. O mellor foi o resultado que nos amntén ahí arriba, o peor é que noto o equipo mais canso que na 1ª volta e sobre todo mais deslabazado.

Sem comentários: