22/12/08

Utimsal 1 - Serecalp 5

Pouco hai que engadir... o resultado, neste caso, si é unha mostra do acontecido no encontro. O Serecalp moi superior, un equipo ao que para puntuarlle hai que estar ao 100% ou mais. Case conseguimos chegar ao remate da 1ª parte con empate a cero, pero nunha xogada combinativa nos fixeron o 1º gol. Así rematou a 1ª parte, e quizais deberiamos ter saido un pouco mais concentrados pero o certo é que o 2º gol nos matou foi un balón que en teoría ía ben para que parara o noso porteiro, pero que tras dar nun xogador noso se colou por debaixo das mans do porteiro. A partires de ahí foi o despiporre, non soubemos manter a calma quizias por ter o reslutado en contra, quizais pòrque non dabamos chegado con claridade á portería contraria ou quizais pola actuación arbitral que a veces era errónea pero outras moitas non, iso fixo que nos fóramos do partido totalmente, cousa que un equipo tan bo e experimentado aproeitou para calzarnos goles á contra un tras outro. Chegamos a estar 1-3 e ahí poido ser o moneto de tentalo, quizais presionando porque tiveron bastantes problemas para sacala de atrás, pero non era día e ata a presión foi deslabazada. Así que nada que obxetar, derrota merecida e esperemos que nos valga para mellorar a non perder a cabeza cando non teñamos o marcador a favor, afortunadamente non todos os equipos xogan tan ben como o Serecalp (agás o Xestas que este ano está que se sae).

1 comentário:

El Profesor disse...

Lo único que puedo comentar de este partido es:
Por qué Medi siempre llega a los partidos tarde? Da igual que sean a 9 de la mañana que a las 6 de la tarde. El siempre llega tarde. Qe impuntualidad...

Fin del comentario, porque del resto, paso. Ni que os dieron un baño, ni que os pudo caer una tunda, etc... Son muy buenos y no teniais nada que hacer. Es lo que os pasa los jueves con nosotros. Por eso atrapais siempre.

Feliz Navidad. Emborrachaos mucho. Nos vemos en los bares.